16.5 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

O Partido Galeguista homenaxea a Castelao

O Partido Galeguista organiza unha homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao o vindeiro domingo 29 de xaneiro con motivo do 133 aniversario do seu nacemento.

As 11 da mañá haberá unha recepción na casa do concello de Rianxo por parte do alcalde, Adolfo Muíños. Unha hora máis tarde terán lugar as intervencións de distintos representantes políticos diante do busco do político nacionalista. No caso de que choiva o acto trasladarase ao salón de actos do Cuartel Vello. Coordinará o acto Antón Mascato.

Intervirán Francisco López «Chesqui»(Partido Galeguista), Ana Pontón(BNG), Luís Villares(Mareas), Antón Sánchez(Anova), María Xosé Alfonso(Compromiso por Galicia), Fernando Alonso(Coalición Galega), Xosé Collazo(P.C.P.G.), Segundo González(FOGA), Carlos Mella(Fundación Castelao), Valentín García Bóveda(Fundación Alexandre Bóveda), Manuel Puga(Fundación Penzol), Luís Martínez Risco(Fundación Vicente Martínez Risco), Xosé Fernando Filgueira(Fundación Filgueira Valverde), Xusto Beramendi(Museo do Pobo Galego) e Xabier González(Nós, Galeguistas).

Pecharán o acto o exvoceiro no Congreso polo Partido Nacionalista Vasco, Iñaki Anasagasti, e o voceiro no Senado, Jokin Bildarratz.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos