5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Rocío Leira gaña o premio «Ardeiro»

A poeta ceense Rocío Leira Castro é a gañadora do III Premio de poesía Xosé M. López Ardeiro que organiza o concello de Negreira.

O «Obituario» de Rocío Leira foi a elixida despois de competir na final con «Versos de amor e norte», de Cristina Negreira Barcia e, «Mexacáns do Tambre», de Xosé Antonio Grela, de Santiago de Compostela.

O premio consiste na edición do poemario gañador por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e a entrega de 150 exemplares nun acto a desenvolverse na vindeira primavera en Negreira.O xurado estivo formado por: José Antonio Ponte Far; Xulio López Valcárcel; María López Sandez e María Rey, todos eles con fonda experiencia no eido das letras e a literatura.

A obra gañadora xira entorno a temática da violencia de xénero: «Está basado nun conxunto de poemas, e cada poema sobre a morte dunha muller que cita nun primeiro momento xunto coa data en que foi asasinada», salientou José Antonio Ponte Far, presidente do xurado e amigo persoal de Ardeiro.

O alcalde de Negreira, Jorge Tuñas, desvelou que se vai a propor que se homenaxee ao poeta Ardeiro cun Día das Letras Galegas.

Artículo anterior
Artículo siguiente

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos