Fonte-AXEGA 112
Un accidente produciuse no lugar do Rapadoiro, en Noicela, e víronse implicados dous vehículos: un camión de reparto e unha bicicleta.
Mentres que o primeiro non resultou ferido, o ciclista foi evacuado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) polos servizos sanitarios, que desprazaron tanto o helicóptero medicalizado con base en Santiago coma unha ambulancia.
Para este operativo, o 112 Galicia foi alertado por un particular cando pasaban cinco minutos das 12:30 horas. De inmediato, os seus xestores solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico e dos membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Carballo.