Informa AXEGA 112
Sucedeu na praia de Rebordelo. As dúas mozas introducíronse no mar cunha táboa e levounas a corrente. Para refuxiarse, subíronse a unha zona rochosa, onde quedaron illadas pola subida da marea.
Ata o lugar dos feitos acudiron os efectivos do GES de Ponteceso e os axentes da Garda Civil, xunto cun particular. Entre eles, rescataron as dúas mozas sen que necesitasen asistencia médica. Accederon por unha zona de monte ata a zona onde se atopaban as dúas persoas e sacáronas fóra da auga.
Un particular contactou co 112 Galicia para dar conta da situación das mozas, ás 14:45 horas desta tarde.
A partir de aí, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso a Salvamento Marítimo, á Policía Local, á Garda Civil, o Servizo de Gardacostas de Galicia e ao GES de Ponteceso.