10 C
Santa Comba
miércoles, enero 22, 2025

Ferido de gravidade ao caer dun andamio en Muros

INFORMA AXEGA 112– Foto arquivo

Un operario resulta ferido de gravidade ao caer dun andamio a seis metros de altura en Muros
A estrutura atopábase á altura do teito dunha casa situada na parroquia de Tal, nas proximidades da praia de Area Longa.

O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente laboral a través de varios compañeiros do operario ferido, uns minutos antes das 17:00 horas.

Acto seguido, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela ata o lugar dos feitos, no que o operario foi evacuado ao centro hospitalario de referencia.

Tamén se desprazaron, tras ser alertados polo 112 Galicia, os axentes da Garda Civil, a Policía Local e o GES de Muros.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos