16.7 C
Santa Comba
jueves, septiembre 21, 2023

Unha colisión entre dous turismos deixa seis persoas feridas en Coristanco


Informa AXEGA 112


Nun dos vehículos viaxaban cinco ocupantes, entre eles un bebé. No outro, só o condutor. Todos requiriron asistencia sanitaria.

O 112 Galicia recibiu o aviso deste accidente a través da chamada dun particular, cinco minutos despois das 17 horas. Na conversa, o alertador indicou que acababan de colidir dous vehículos no quilómetro 4 da DP-1912, en Silván (parroquia de Erbecedo). Ademais, apuntaba que había varias persoas feridas.

Ata o lugar tiveron que desprazarse varias ambulancias, que atenderon e evacuaron aos feridos, namentres o GES de Ponteceso fíxose cargo da limpeza da vía.

No operativo, ademais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, participaron tamén o GES de Ponteceso, a Garda Civil de Tráfico e os voluntarios de Protección Civil de Coristanco.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos