12 C
Santa Comba
viernes, enero 24, 2025

A saída de vía dun turismo deixa dúas persoas feridas en Carballo

INFO- AXEGA 112

Pasaban as 20:10 horas cando o 112 Galicia recibiu aviso sobre este accidente que tivo lugar na estrada que une Berdillo con A Piña. Dúas das tres persoas que viaxaban no vehículo foron evacuadas en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE-112 Galicia) solicitouse a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Carballo, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e da Protección Civil do municipio.

O primeiro alertador, un particular, indicaba desde o primeiro momento que había varias persoas feridas e que unha delas parecía non poder saír ao exterior polos seus propios medios.

Pouco despois, os Bombeiros chegaron ao lugar do sinistro e comprobaron que non era preciso empregar o material de excarceración polo que, a continuación, os servizos sanitarios procederon a trasladar ás dúas persoas feridas ao complexo hospitalario coruñés.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos