INFO-AXEGA 112
Estoutro accidente tivo lugar na parroquia das Maroñas, no quilómetro 67 da AC-400, e unha persoa foi trasladada en ambulancia polos servizos sanitarios, que deron aviso ao 112 Galicia dez minutos antes das 15 horas.
Desde o 112 Galicia solicitouse a colaboración no operativo do GES de Muros, da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil de Mazaricos. Ademais, informouse aos Bombeiros de Santa Comba e aos servizos de mantemento das estradas.

