9.8 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Unha saída de vía cunha persoa ferida deixou unha estrada sen luz en Cabana de Bergantiños

Informa AXEGA 112

O único implicado foi trasladado ao centro de saúde da localidade ferido na cabeza. A consecuencia do choque, o poste da luz quedou tirado na estrada e o vehículo obstaculizaba a circulación. Outra decena de farois quedaron sen iluminación.

O accidente ocorreu no quilómetro 4 da AC-429, á altura do lugar da Telleira, en Cánduas. Foi un particular quen, dez minutos despois das 1:30 horas, informou ao 112 Galicia do acontecido: un coche acababa de colidir contra un farol, derribándoo sobre a vía.

Decontado, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Ponteceso e da Garda Civil de Tráfico. Á súa vez, informouse aos Bombeiros de Bergantiños e aos operarios de conservación das estradas, que non tiveron que desprazarse.

Unha vez que un guindastre retirou o vehículo, os efectivos do GES encargáronse da limpeza do asfalto e de sinalizar e apartar o farol para restablecer as condicións óptimas de circulación.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos