4.7 C
Santa Comba
jueves, enero 23, 2025

Incendio en Coristanco

INFO- AXEGA 112

Un incendio afectou a un depósito de aceite de máquinas nunha empresa de tratamento da madeira en Coristanco

Os feitos sucederon no lugar da Braña, na parroquia de Erbecedo.

Ata alí acudiron os Bombeiros de Carballo e o GES de Ponteceso que, xunto co persoal da empresa, encargáronse de sufocar o lume, baleirar o depósito e arrefriar a zona afectada ata baixar a súa temperatura. Ningunha persoa resultou ferida nin afectada.

O 112 Galicia recibiu a alerta do incendio a través dunha persoa particular, ao fío das 1:30 horas da pasada noite.

A partir de aí, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros de Carballo, do GES de Ponteceso, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Coristanco e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Ademais, informouse ás autoridades medioambientais da Xunta de Galicia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos