19.2 C
Santa Comba
viernes, noviembre 1, 2024

Catro persoas resultaron feridas ao colidir dous coches en Coristanco

Info- AXEGA 112

As catro persoas accidentadas foron trasladadas polos servizos sanitarios a un centro hospitalario.O accidente produciuse na DP-2904, nas proximidades da Rabadeira.

Unha persoa particular contactou co 112 Galicia, uns minutos antes das 16:00 horas desta tarde, para alertar dos feitos. Segundo indicaba, había persoas atrapadas.

De xeito inmediato, desde o 112 Galicia requiriuse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado ao lugar do accidente. Ademais, os xestores do 112 Galicia solicitaron a actuación dos Bombeiros de Carballo, do GES de Ponteceso, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Coristanco e da Garda Civil de Tráfico.

Segundo confirmaron ao 112 Galicia os Bombeiros de Bergantiños, malia que ningunha persoa necesitou ser excarcerada, os servizos de emerxencia forzaron unha porta dun dos vehículos implicados para poder sacar con facilidade a dúas persoas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos