14 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

Accidente en Montouto – Santa Comba

Segundo informaron desde AXEGA, en Santa Comba, os bombeiros comarcais deberon intervir para liberar a outra condutora que quedou atrapada no vehículo tras envorcar na AC-400, ao paso por Montouto.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o coche no que viaxaba quedou virado sobre o lateral sen posibilidade de que a ocupante puidera saír polos seus propios medios. Ademais, sufría unha dor intensa na cadeira, que facía necesaria a intervención dos equipos de rescate.

Igualmente, foi atendida polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, quen se ocuparon do seu traslado ao centro médico de referencia.

Este operativo, que se activou ás 9:30 horas, completouse co apoio dos membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Santa Comba e cos axentes da Policía Local e Garda Civil de Tráfico.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos