16.1 C
Santa Comba
miércoles, septiembre 4, 2024

Unha saída de vía na Baña saldouse cun home falecido

Informa AXEGA 112- O accidente de tráfico produciuse na AC-444, á altura do punto quilométrico 4, á altura da parroquia de San Cibrán da Barcala.

Foi unha persoa particular quen alertou do sinistro ao 112 Galicia, tamén ás 19:45 horas.

Acto seguido, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Santa Comba, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da vía de circulación.

Desde o lugar dos feitos, os Bombeiros de Santa Comba confirmaron ao 112 Galicia que descartaran usar o material de excarceración, xa que o varón atopábase accesible.

Pola súa banda, os servizos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos