INFORMA -AXEGA 112
Todas tiveron que ser trasladadas ao hospital, unha delas a bordo dun helicóptero medicalizado. Ademais, os Bombeiros de Santa Comba interviñeron para retirar a dous dos feridos, que eran incapaces de saír polos seus propios medios.
O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente, que se produciu no quilómetro 11 da AC-444, na parroquia de San Mamede de Suevos (A Baña), pasadas as 14 horas desta tarde. Foi a través da chamada dun particular que informaba de que eran dous os vehículos implicados, con catro ocupantes en cada un.
Inmediatamente, desde o 112 solicitouse a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Santa Comba e da Garda Civil de Tráfico. Xa dende un primeiro momento, os servizos sanitarios apuntaban a que as oito persoas estaban feridas, polo que decidiron mobilizar ao seu persoal a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago, que tomou terra no punto pouco despois.
Os Bombeiros, pola súa parte, tiveron que facer uso do material de excarceración para extraer dúas portas, que impedían a saída de dous dos feridos.
Unha vez rematada a intervención no lugar, sete implicados foron trasladados en ambulancia e un na aeronave medicalizada ao centro hospitalario de referencia.