INFO-AXEGA 112 — Os servizos de emerxencia localizaron con vida a unha octoxenaria que desaparecera en Camariñas
Os efectivos que interviñan no operativo de busca deron coa muller a douscentos metros da súa vivenda, situada no lugar do Cruceiro, na parroquia de Xaviña.
A muller, que fora vista por última vez as 17:00 horas da tarde de onte, recibiu os primeiros auxilios nada máis ser localizada e, posteriormente, foi trasladada ao Hospital de Cee.
O 112 Galicia recibiu a alerta da súa desaparición uns minutos despois das 21:15 horas de onte, a través dos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Camariñas.
A partir de aí púxose en marcha un dispositivo de busca, coordinado pola Garda Civil, no que tamén participaron os efectivos de Protección Civil de Vimianzo.