13 C
Santa Comba
viernes, marzo 31, 2023

Falece unha persoa en Camariñas tras caerlle enriba unha árbore

Info AXEGA 112 -Falece unha persoa en Camariñas tras caerlle enriba unha árbore nunha finca da súa propiedade

Os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o pasamento da persoa.

O 112 Galicia recibía dez minutos antes das doce e media deste mediodía o aviso por parte do persoal sanitario, que solicitaban axuda para liberar a unha persoa á que lle caera unha árbore enriba, cando facía traballos nunha finca da súa propiedade en Xaviña.

Con estes datos, desde o 112 pasouse aviso aos Bombeiros de Cee, que finalmente non chegaron a intervir, posto que, a persoa estaba liberada. Así o indicaron os servizos sanitarios cando novamente contactaron co 112 para confirmar o falecemento da persoa.

Ademais dos Bombeiros tamén foron informados polo 112 Galicia os axentes da Garda Civil e os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos