9.2 C
Santa Comba
jueves, enero 23, 2025

Buscan ó ocupante dun veleiro envorcado preto das Illas Sisargas

ACTUALIZACIÓN NOTICIA EN ESTE ENLACE

INFORMA AXEGA 112

O 112 Galicia presta colaboración no operativo creado por Salvamento Marítimo para a localización da tripulación dun veleiro, que foi localizado coa quilla ao sol preto das Illas Sisargas, en Mapilca.


Os rescatadores do Servizo de Gardacostas de Galicia tamén participan nesta busca mediante a mobilización dos recursos aéreos como o Pesca II.


De momento, sen rastro da tripulación do veleiro que apareceu envorcado contra as oito da tarde de onte en zona de Sisargas. Tras as primeiras inspeccións, todo parece indicar que podería haber algunha persoa no interior. Por iso, Salvamento Marítimo enviará ao lugar un equipo de mergulladores, en canto as condicións do mar o permitan. 


Xa durante a madrugada, diversos equipos, por mar e aire, rastrearon a zona sen resultados. Así, desde o 112 Galicia, pediuse o reforzo, igualmente, dos axentes da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil de Malpica, por se a axuda tamén fose necesaria desde terra.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos