Informa Axega 112 – Os servizos de emerxencia traballan arestora na extinción dun incendio que está a afectar a unha casa deshabitada que linda cunha vivenda, da que os equipos de intervención tiveron que evacuar a un home, que resultou ileso.
Os feitos ocorren no lugar de Eirón, na parroquia de San Fins.Varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para dar conta do lume, ás 06:15 horas.
De xeito inmediato, os xestores do CIAE 112 Galicia requiriron a intervención dos Bombeiros de Santa Comba, do GES de Muros, da Garda Civil e de Protección Civil.
Nestes intres, os equipos de intervención controlaron o incendio e levan a cabo tarefas de arrefriamento nas zonas afectadas. Segundo a información recollida no 112 Galicia, ardeu un alpendre con leña acumulada.