Axega 112//
Os servizos de emerxencia acudiron ao lugar de Asenso para auxiliar a un home que caera dunha árbore, desde unha altura de catro metros, a un toxal.
Un familiar do home alertou ao 112 Galicia ás 11:30 horas e, de xeito inmediato, o persoal do CIAE 112 Galicia pasou o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, aos Bombeiros de Santa Comba e a Protección Civil.