9.8 C
Santa Comba
domingo, noviembre 3, 2024

Sofre unha caída cando trataba de apagar un incendio na súa vivenda en Negreira

AXEGA 112-Un home sofre unha caída cando trataba de apagar un incendio na súa vivenda en Negreira

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron ao centro de saúde de Negreira a un veciño que caeu cando intentaba apagar un incendio na súa casa. Ocorreu ás 21 horas de onte nun domicilio situado no lugar do Camiño Real.

Alí acudiron os Bombeiros de Santa Comba logo de recibir o aviso do persoal do 112 Galicia para apagar un lume que afectaba a unha habitación. Efectivamente, o cuarto resultou completamente calcinado e o resto da vivenda, afectada polo intenso fume. Ademais, o ocupante da vivenda necesitou asistencia médica debido a un golpe que recibiu na mandíbula como consecuencia dunha caída.

De feito, foi o propio afectado quen chamou ao 112 Galicia para pedir asistencia e tamén para informar do que sucedía na súa casa.

Ademais de bombeiros e sanitarios, ao punto acudiron aos membros do GES de Brión, os voluntarios de Protección Civil de Negreira e os axentes da Garda Civil.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos