7.5 C
Santa Comba
jueves, marzo 13, 2025

Unha colisión entre dous vehículos en Vimianzo deixa a un ocupante atrapado

Informa AXEGA 112

Unha colisión entre dous vehículos en Vimianzo obriga a intervir aos bombeiros para liberar a un ocupante atrapado

Unha colisión entre dous vehículos na Rúa da Torre, en Vimianzo, deixa a un ocupante atrapado.

Así, tras recibir a alerta, o 112 Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros de Cee para liberar ao ferido e facilitar a atención do equipo sanitario.

Tratouse dun choque do que foi testemuña a persoa que chamou ao número único de emerxencias cando faltaban dez minutos para as oito desta mañá. Segundo explicou, o impacto entre os dous vehículos, unha furgoneta e un camión, deixou a un dos ocupantes atrapado polos ferros dun dos vehículos, o que fixo necesaria a actuación dos bombeiros. Unha vez liberada, a persoa recibiu a asistencia do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para posteriormente ser trasladada ao centro hospitalario de referencia.

Neste operativo participaron, ademais, os axentes da Garda Civil de Tráfico. Tamén foron informados os voluntarios de Protección Civil vimiancés.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,110SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos