15.6 C
Santa Comba
domingo, julio 3, 2022

Dez persoas resultaron feridas nunha colisión entre unha furgoneta e un turismo en Porto do Son

Informa-AXEGA

Un total de dez persoas resultaron feridas de diversa consideración, unha delas foi excarcerada polos bombeiros, ao colidir unha furgoneta e un coche, en Porto do Son.

O suceso ocorreu na estrada que une as localidades de Porto do Son e de Portosín, á altura da Praia da Aguieira, ás oito da pasada tarde. A esa hora, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia recibiu a chamada de varias persoas particulares que alertaban do sinistro.

Axiña, os xestores do 112 informaron a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ata a zona un helicóptero medicalizado para atender ás persoas feridas e no que, finalmente, unha delas tivo que ser evacuada ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, tras ser excarcerada polos Bombeiros de Boiro e de Ribeira. Así mesmo, o persoal do CIAE-112 Galicia solicitou a colaboración dos membros do GES de Noia, dos axentes de Tráfico e da Policía e Protección Civil da localidade. Cómpre sinalar que tamén puxeron a situación en coñecemento do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) por se fose necesaria a súa colaboración.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, os servizos de emerxencia confirmaron a evacuación de dez persoas, os sete ocupantes da furgoneta e os tres do turismo, por parte dos profesionais sanitarios.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Concello de Val do Dubra
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,776SeguidoresSeguir
461SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos