Segundo informaron desde AXEGA 112, os bombeiros de Carballo tiveron que actuar para sacar o dedo dunha veciña, que lle quedou atrapado no capó do coche.
A persoa foi liberada sen máis consecuencias, iso si, necesitaba asistencia médica. Así, tras recibir o 112 Galicia a chamada dunha persoa particular pasadas as sete desta mañá, solicitouse a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ademais dos efectivos de salvamento e rescate do parque comarcal de Carballo.
Igualmente, pediuse a colaboración dos axentes da Policía Local, que se dirixiron á Rúa da Ponte, onde se produciron os feitos.