19.8 C
Santa Comba
jueves, septiembre 19, 2024

Unha traballadora dun restaurante, ferida ao declararse un incendio nun almacén anexo ao local en Cabana de Bergantiños

Unha traballadora dun restaurante de Cabana de Bergantiños sufriu queimaduras e inhalou fume a causa dun incendio declarado nun pendello anexo ao local.Sucedeu no lugar da Pedra, na parroquia de Nantón.

O 112 Galicia recibiu a alerta do incendio moi preto das once e media desta mañá, a través dos axentes da Garda Civil de Tráfico.Axiña, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros de Carballo, ao GES de Ponteceso, á Garda Civil e a Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Segundo a información facilitada polos membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Carballo, a muller tivo que ser trasladada a un centro médico. Por outra banda, o incendio, que xa está extinguido, comezou no almacén e danou parte da instalación eléctrica e unha cámara frigorífica. Ademais, o restaurante quedou afectado polo fume.

INFORMA AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos