10.3 C
Santa Comba
martes, abril 22, 2025

Un home faleceu ao caer dun andamio mentres realizaba arranxos na súa casa en Teo

Informa-AXEGA 112

Un home perdeu a vida en Teo ao caer dun andamio cando estaba a pintar a súa casa.O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos, que sucederon no lugar de Solláns, na parroquia de Calo, ao fío das catro e cuarto desta tarde.

Nese momento, un veciño do home contactaba co 112 Galicia para dar conta da súa situación.Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso ao persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que, a pesar dos esforzos, nada puido facer por salvarlle a vida.

Cómpre sinalar que os xestores do 112 Galicia tamén solicitaron a intervención dos axentes da Garda Civil, do GES da Estrada, da Policía Local e do Servizo Municipal de Protección Civil.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,150SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos