12.6 C
Santa Comba
viernes, septiembre 22, 2023

Localizan falecida a moza desaparecida en Carballo

AXEGA 112

Varios particulares que se atopaban na busca da moza que desaparecera en Carballo localizaban esta tarde o corpo sen vida da muller.O 112 Galicia recibiu na madrugada do pasado domingo a chamada dunha persoa da súa contorna para alertar da súa falta.

Tras informar aos axentes da Garda Civil e da Policía Local, que xa coñecían o caso, púxose a disposición deste operativo o apoio e axuda dos voluntarios de Protección Civil de Carballo e da Laracha, ademais acudiron os cans de rescate da agrupación de Oroso e o grupo canino especializado na busca de persoas da agrupación Casaga de Ferrol. Este operativo tamén contou coa colaboración do equipo técnico de drons da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA).

Desde o CIAE 112 Galicia tamén informouse ao GIPCE, por se fose necesaria a súa intervención.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos