AXEGA 112-
Os equipos de intervención rescataron a pasada tarde a un pescador que levou un golpe despois de caer nunhas zona de rochas mentres pescaba en Arteixo.O 112 Galicia tivo coñecemento da situación do pescador pasado poucos minutos das 19:15 horas da pasada tarde, a través dun familiar. Engadía ademais na súa comunicación que o home precisaba asistencia sanitaria debido á caída.
Así, o 112 Galicia informou axiña ao Servizo de Salvamento Marítimo, que enviou á zona unha dotación a bordo do helicóptero Helimer. Foi este equipo quen sacou ao pescador das rochas e o trasladou ao Aeroporto da Coruña, onde o recolleu unha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
De igual modo, púxose a situación en coñecemento do Servizo de Gardacostas de Galicia, dos Bombeiros de Arteixo, dos axentes da Garda Civil e Policía Local e Protección Civil da localidade.