-AXEGA 112
Catro persoas foron evacuadas polos servizos sanitarios de urxencia logo de bater dous turismos na AC-550, no punto quilométrico 19, en Carnota.
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia tivo constancia do sinistro poucos minutos despois deste mediodía, mediante a chamada de varias persoas particulares que alertaban dunha colisión entre dous vehículos con varias persoas feridas na parroquia de San Mamede de Carnota, concretamente na estrada que une Carnota con Caldebarcos. Ademais, indicaban que un dos coches quedou envorcado na calzada.
De inmediato, os operadores do 112 Galicia informaron aos servizos sanitarios, aos membros do GES de Muros, á Garda Civil de Tráfico e Policía Local. Ademais, co fin de asegurar a circulación na estrada, tamén informou ao persoal da Axencia Galega de Infraestruturas.
Unha vez rematada a intervención, o persoal do GES confirmou ao 112 Galicia que non foi preciso excarcerar aos ocupante dos vehículos, pero que si colaboraron cos servizos sanitarios na evacuación dos catro feridos ás ambulancias para o posterior traslado dos feridos ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.