Segundo informan desde AXEGA 112 a pasada noite, (21,30) localizouse un incendio nun alpendre habilitado para vivenda no lugar de A Trémoa, en Malpica. Non houbo feridos.Alí acudiron os Bombeiros de Carballo e os membros do GES de Ponteceso para facer fronte a este lume, que devorou por completo o interior da construción. Igualmente, o tellado colapsou. Unha chamada particular permitiu accionar o operativo de emerxencias.

