En Cabana de Bergantiños, unha persoa resultou ferida despois de sufrir un corte coa motoserra que manexaba.
Ás catro desta tarde os servizos sanitarios de urxencia comunicaban o suceso ao 112 Galicia. Indicaban que o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela dirixíase a Doeña, en Nantón para evacuar a unha persoa ferida tras cortarse cunha motoserra.
Dos feitos foron informados a Garda Civil, a Policía Local, os Bombeiros de Carballo e os membros do GES de Ponteceso.Segundo a información recibida no 112 Galicia, o ferido foi trasladado na aeronave ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.