O hotel Xallas acollerá o vindeiro mércores 18 de maio unha charla sobre a reforma laboral, organizada pola asociación de empresarios de Santa Comba. Comezará ás 20h.A charla será impartida polos avogados Jorge Fernández, José Carlos Bouza e Carolina Rodríguez de FCH.
Falarase sobre temas como a contratación temporal, a reforma do contrato fixo-discontinuo, os cambios nos contratos de formación, ou as peculiaridades no sector da construción.É unha xornada aberta tanto a socios como non socios da patronal xalleira. Máis información 633.181.817.