9.8 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Unha persoa resulta ferida de consideración tras producirse unha colisión entre dúas motos en Mazaricos

– AXEGA 112-

O 112 Galicia rexistrou na tarde de hoxe un accidente no que se viron implicados dúas motos que circulaban pola AC-400, ao paso polo concello de Mazaricos. Como consecuencia do impacto, un dos motoristas sufriu lesións de consideración, polo que foi evacuado ao centro hospitalario de referencia polos servizos sanitarios.

Tras a colisión, unha das motos comezou a arder e foi necesaria a intervención dos membros do GES de Muros para atallar as lapas, que consumiron por completo o vehículo.

Preto das catro horas o 112 Galicia recibiu un aviso dos profesionais sanitarios, que solicitaban a colaboración dos equipos de intervención para restablecer as condicións de seguridade na vía despois da colisión.

Así, para prestar apoio aos equipos de intervención desprazados, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pasouse aviso aos Bombeiros de Santa Comba, aos axentes da Garda Civil de Tráfico, aos efectivos de Protección Civil de Mazaricos e ao servizo de mantemento das estradas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos