9.7 C
Santa Comba
miércoles, enero 22, 2025

Un vehículo bate contra dous cabalos que interceptaron a vía en Padrón

AXEGA 112-

Durante a madrugada, un turismo chocou contra dous cabalos que interceptaron na vía, o que provocou a morte dos animais.O 112 Galicia tivo constancia dos feitos preto das cinco e media horas a través da chamada dun particular que circulaba polo tramo entre a AG-11 e a AP-9, sentido Santiago. No seu relato, indicaba que atropelara un cabalo cando circulaba á altura de Padrón. Ademais, o condutor do turismo sinalaba que se atopaba en bo estado de saúde, pero que descoñecía o paradoiro dos animais.

Finalmente, os equipos de intervención que acudiron ao punto informaron aos xestores do 112 que atoparon a dous cabalos tendidos na calzada.

Minutos antes, a central de emerxencias galega recibiu o aviso doutro particular que informaba da presenza dun grupo de equinos na mesma zona. De feito, case preto das seis, outro alertante, esta vez un motorista, chamou ao 112 para solicitar axuda despois de caer do seu vehículo ao tratar de desviar dun cabalo cando circulaba pola N-550A, ao seu paso pola parroquia padronesa de Iria Flavia.

Así, para realizar a limpeza da vía e restablecer as condicións de seguridade, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, pasouse aviso aos membros do GES de Padrón, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local e ao servizo de mantemento das estradas. Tamén, por precaución, solicitouse a intervención dos profesionais de urxencias sanitarias.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos