11.1 C
Santa Comba
martes, enero 21, 2025

Un home resultou ferido en Ponteceso tras caerlle unha árbore enriba

Un home resultou ferido en Ponteceso tras caerlle unha árbore enriba cando realizaba traballos nunha zona de monte particular

O varón atopábase nun terreo particular situado no monte de Gondomil, no concello coruñés de Ponteceso, nunha zona totalmente accesible para que os servizos de emerxencia puidesen proceder coa evacuación.O 112 Galicia tivo constancia do suceso, ás 11:00 horas desta mañá, a través do persoal sanitario que informaban dun home ferido despois de caerlle unha árbore enriba.

Ante a dúbida de que fosen precisos os medios de excarceración, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Carballo e do GES de Ponteceso. Igualmente, informaron á Garda Civil, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil de Ponteceso.Unha vez no punto confirmouse que o home estaba liberado, polo que descartouse o uso de material de excarceración.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos efectivos de Protección Civil, os propios veciños, que acudiron nada mais escoitaron a petición de auxilio da vítima, retiraron a árbore caída sobre o home.Con todo, o varón ferido foi trasladado polos servizos sanitarios ao Hospital da Coruña.

AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos