AXEGA 112-
Un helicóptero medicalizado desprazouse ata o lugar para evacuar ao ferido, que foi trasladado ao centro hospitalario de referencia.Sucedeu ao fío das 12:45 horas deste mediodía. Foi a esa hora cando os servizos sanitarios de urxencia solicitaban ao 112 Galicia medios para colaborar na evacuación dun home que resultara ferido tras caerlle unha árbore enriba nunha finca, situada no lugar de Riba de Mar, en Outes. No seu relato indicaban que o helicóptero con base en Santiago e co seu equipo médico tamén se dirixía ao punto.
Con estes datos, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a intervención dos Bombeiros de Boiro, dos membros do GES de Muros e da Garda Civil e Policía Local, así como, dos voluntarios de Protección Civil