10.1 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Falece o único ocupante dun vehículo que se saíu da vía en Carballo

Informa AXEGA 112-

O 112 Galicia rexistrou esta madrugada un accidente de tráfico en Carballo cunha vítima mortal.O vehículo que conducía saíuse da vía cando circulaba pola AC-552, ao paso pola Revolta.

Para liberar a vítima, atrapada no interior do coche, foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Carballo, que, ademais, contaron coa colaboración dos voluntarios de Protección Civil da localidade.

En canto a seguridade vial e a ordenación do tráfico, o operativo contou coa presenza dos axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico, ao tempo que o persoal de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) encargouse da retirada dos danos provocados polo accidente. De feito, como consecuencia do impacto, resultou afectado un poste de telefonía, polo que tamén foi necesario o aviso aos técnicos da empresa subministradora do servizo.

Cómpre indicar que a posta en marcha deste operativo foi posible grazas ás chamadas de alerta de varias testemuñas, así como dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que nada puideron facer por salvar a vida do condutor.

Segundo os datos que facilitaron as persoas que chamaron ao 112 Galicia á unha da madrugada, o vehículo no que viaxaba a vítima saíuse da vía e foi parar a unha leira levando por diante un poste de teléfono.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos