axega 112-
Un incendio que se orixinou no forno da cociña dun piso na Laracha provocou que unha muller tivese que ser trasladada ao inhalar po dun extintor e tamén deixou a vivenda completamente afectada polo fume.
Sucedeu na Rúa José Manuel Ferreira Penendo, ao fío das once da pasada noite. Nese momento, unha persoa particular contactou co 112 Galicia para dar conta do incendio.
Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros de Carballo, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil e de Protección Civil.