7.5 C
Santa Comba
lunes, marzo 25, 2024

Unha persoa falece ao declararse un incendio nun edificio en Carballo

Unha persoa perdeu a vida despois de orixinarse un incendio no segundo andar dun edificio situado na Rúa do Río Sil, en Carballo.Segundo a información recollida no 112 Galicia, o lume arrasou a cociña e o salón da vivenda onde se atopaba a vítima e os servizos sanitarios desprazados só puideron confirmar o seu falecemento.

Ademais, no cuarto andar, unha muller con mobilidade reducida foi confinada na súa vivenda polo equipo de intervención dos Bombeiros de Carballo, mentres duraron os labores de ventilación do inmoble. O edificio, que consta de catro plantas, tivo que ser desaloxado polos servizos de emerxencia.

Varias persoas particulares alertaron do incendio ao 112 Galicia, ao fío da unha e media.

Acto seguido, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Carballo, da Policía Local e do Servizo Municipal de Protección Civil.

AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos