9.5 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Unha persoa excarcerada despois de envorcar o vehículo no que viaxaba en Santa Comba

Informa-axega 112

A persoa foi atendida polos servizos sanitarios de urxencia logo de ser excarcerada polos bombeiros ao sufrir unha saída de vía co vehículo no que viaxaba no concello de Santa Comba.Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o sinistro produciuse ás 09:15 horas. Foi a esa hora, cando os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 comunicaban a mobilización dunha ambulancia por mor dun turismo envorcado, tras sufrir unha saída de vía no lugar de Barbeira.

Con estes datos, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias puxo en coñecemento do suceso aos Bombeiros de Santa Comba, aos axentes da Garda Civil de Tráfico, Policía Local e aos membros de Protección Civil da localidade.

Rematada a intervención, o Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento xalleiro confirmou ao 112 que foi preciso o uso do material de excarceración para liberar á persoa ferida que quedou atrapada no interior do turismo

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos