AXEGA 112
Un home necesitou asistencia urxente esta tarde ao precipitarse do tellado dunha casa a sete metros de altura en Carnota.Foi un familiar do home ferido quen alertou dos feitos ao 112 Galicia, uns minutos antes das catro. Segundo indicaba na seu relato aos xestores do CIAE 112 Galicia, a caída tivera lugar nun complexo de apartamentos situado en Velouro.
Acto seguido, o persoal do 112 Galicia solicitou a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron un helicóptero cun equipo médico a bordo para prestar axuda ao home e trasladalo, finalmente, ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.
Cómpre sinalar que neste operativo tamén interviñeron os efectivos do GES de Muros, os axentes da Garda Civil e da Policía Local e os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carnota.