10.8 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Un home resulta ferido ao pasarlle por riba dunha perna o tractor que manexaba en Touro

Un novo accidente cun tractor obriga a evacuación urxente dun veciño de Touro.O home resultou ferido de gravidade ao pasarlle por riba dunha perna o vehículo agrícola que manexaba nun predio da súa propiedade.

Segundo os datos recollidos no 112 Galicia, o sinistro produciuse ás 10:30 horas en Sobredo, Foxás. Alí acudiu un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago co fin de executar o traslado urxente do doente debido ás lesións que presentaba na extremidade inferior.

Para colaborar nas tarefas de aterraxe da aeronave, os xestores do 112 Galicia tamén pediron a intervención dos axentes da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Fonte-AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos