18.3 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

Esclarecen un incendio en Mazaricos

Axentes da Policía Autonómica de Santiago de Compostela en colaboración coa Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) esclareceron un incendio forestal no concello de Mazaricos.Os axentes do Grupo de Investigación de Incendios esclareceron un incendio que aconteceu o pasado 19 de marzo no lugar de Paxareiras do concello de Mazaricos, no que se calcinaron 1,49 hectáreas. de monte arborado. A investigación do lume realizouse de forma coordinada e conxunta entre os axentes da Policía Autonómica e a UIFO, o cal fixo a inspección técnica.

O lume iniciouse nunha queima nunha das fincas afectadas, procedendo a Policía Autonómica á localización e toma de declaración dunha muller responsable da queima de restos forestais, quen manifestou que o lume se lle descontrolou, provocando que as lapas se propagasen polo monte.As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Muros. No que vai de ano, a Policía Autonómica leva investigadas a 11 persoas como presuntas autoras de incendios forestais

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos