7.3 C
Santa Comba
lunes, marzo 25, 2024

Atopan o corpo dunha muller nunha zona de monte en Santiago

O corpo dunha muller foi atopado nunha zona de monte, na Enfesta, no termo municipal de Santiago de Compostela.Á unha e media deste mediodía, unha persoa particular comunicaba o achado ao 112 Galicia. Indicaba que un grupo de cazadores que se atopaban no monte, acaban de atopar o corpo dunha muller.

Así, con estes datos, os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos profesionais sanitarios, dos axentes da Garda Civil, da Policía Nacional e Local.

Polo de agora, descoñécese a identidade da persoa, polo que, as forzas da orde traballan para identificar o cadáver e esclarecer as causas do suceso.

Informa AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos