13.6 C
Santa Comba
jueves, noviembre 21, 2024

Dous adultos e un bebé foron trasladados ao presentar síntomas de intoxicación por inhalación de gas en Muros

Informa-AXEGA 112

Dous adultos e un bebé tiveron que ser trasladados ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela despois de presentar síntomas de intoxicación por inhalación de monóxido de carbono.

Segundo a información facilitada polo GES de Muros ao 112 Galicia, a causa da intoxicación debeuse posiblemente á mala combustión dun quentador avariado na vivenda na que se atopaban os afectados, na rúa Porteliña, en Muros.Foi á unha e media da madrugada cando o 112 Galicia recibiu a alerta do escape de gas a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

A partir de aí, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención do GES de Muros, da Garda Civil e da empresa subministradora do gas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,330SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos