Ardeu o faiado e dúas habitacións do segundo andar. Por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais.O 112 Galicia tivo constancia do incendio ao redor das 13:00 horas deste luns.
Os xestores de emerxencias, tras contactar coa Policía Local, puideron saber que se trataba dun lume nunha casa de dous andares, situada na Travesía de Arteixo. Indicaban que no punto se atopaban ademais dos axentes, os Bombeiros e os membros do Servizo de Emerxencias da localidade. Aseguraban que non había persoas afectadas, aínda así, segundo o seu relato, tiveran que sacar a unha muller do interior da vivenda, que, afortunadamente, non precisou asistencia sanitaria.
Tras extinguir o incendio e arrefriar a zona, os Bombeiros de Arteixo indicaron que, posiblemente, a orixe do lume puido ser nun sofá. O que si aseguraron e que ningunha persoa resultou ferida.