9.2 C
Santa Comba
jueves, enero 23, 2025

Un atropelo en Coristanco deixa tres persoas feridas

Unha persoa resultou ferida grave tras ser alcanzada por un vehículo que se conduce sen carné en Coristanco.No accidente tamén sufriron lesións o condutor do coche e a súa acompañante.

Eran as 13:30 horas desta tarde cando o 112 Galicia recibiu a alerta por un atropelo na Avenida de Finisterre. Para atender aos feridos, os xestores do Centro Integardo de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a presenza dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e pediron a colaboración dos voluntarios de Protección Civil da localidade. Ao remate da súa intervención, confirmaron que, no accidente, resultaron feridas tres persoas, o peón atropelado, que presentaba un forte golpe na cabeza; o condutor do coche, con lesións de diversa consideración; e a acompañante, cuxas feridas lle permitiron un traslado polos seus propios medios.

INFO-AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos