Dous vehículos víronse implicados nun accidente preto das 17,30 do serán deste domingo 6 de febreiro no lugar das Antes, na parroquia xalleira de Arantón.
Segundo informaron desde o parque comarcal de bombeiros de Santa Comba houbo feridos «non atrapados» polo que os bombeiros «procedemos a sinalizar o punto do accidente para evitar danos maiores e logo da retirada dos vehículos implicados por dous guindastres, procedemos a limpeza da estrada».
Ata o lugar tamén se desprazaron efectivos do 061, de Protección Civil de Santa Comba e da Garda Civil de Tráfico.