Dúas persoas necesitaron asistencia a pasada noite logo de que batesen outros tantos coches en Teo, á altura da parroquia de Calo.Segundo puido saber o 112 Galicia, unha das persoas accidentadas foi trasladada polos servizos sanitarios ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela e a outra persoa ferida ao Hospital da Rosaleda.
O sinistro produciuse uns minutos antes da unha. Foi, a esa hora, cando o 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, ao Servizo Municipal de Protección Civil, ao GES da Estrada e aos Bombeiros de Ordes e de Santiago de Compostela.
AXEGA 112