-AXEGA 112-
Un home resultou ferido esta tarde logo de que o coche no que viaxaba caese por un desnivel duns tres metros e rematase envorcado na Avenida de Bergantiños, en Carballo.
Os Bombeiros de Carballo acudiron ata o lugar do sinistro e fixeron uso do material de excarceración para liberar ao home, que era o único ocupante do turismo accidentado. Unha vez accesible, o varón foi atendido polos servizos sanitarios desprazados, que o trasladaron nunha ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.
O accidente produciuse ao fío da unha e dez. Foi, a esa hora, cando o 112 Galicia recibiu a alerta do accidente a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
De xeito inmediato, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros de Carballo, á Policía Local, ao Servizo Municipal de Protección Civil e aos voluntarios de Protección Civil de Carballo.