Informa AXEGA 112-
Ás 11:00 horas de hoxe, un particular contactaba co 112 Galicia para informar da saída de vía dun vehículo que circulaba pola AC-240, ao redor do punto quilométrico 15, en Touro. Indicaba, que o condutor e único ocupante do vehículo, xa fora evacuado do seu interior, pero requiría asistencia sanitaria.
Nada máis recibir o aviso, desde o 112 Galicia informouse ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que derivaron ao lugar o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela. De feito, a aeronave tomou terra moi preto do lugar dos feitos, pero nada se puido facer por salvarlle a vida.
Ademais, foron informados de inmediato os Bombeiros de Arzúa, os axentes de Tráfico e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.